A elegancia do ourizo conta a historia de renée, a porteira dun edificio do parís burgués. viúva, cativa e laida, ninguén sospeita que é máis culta ca todos os ricos finchados que moran na veciñanza. e a de paloma, que vive na mesma casa, ten doce anos, é extraordinariamente intelixente e négase a ter como destino a vacuidade e a inepcia da existencia adulta. cando faga trece anos, ten pensado suicidarse. coa súa segunda novela, muriel barbery converteuse en pouco tempo nunha revelación literaria, primeiro en francia e logo en toda europa.
