A finais dos anos noventa, carmiña e anselmo regresan a terras galegas para pasar unha xubilación sen sobresaltos. os seus dous fillos, xa entrados na trintena, semellan ter as súas vidas resoltas, un en madrid e o outro en londres. pero unha chamada telefónica de suso, o maior, quebra a tranquilidade da que apenas comezaban a gozar. os temores relacionados cos puntos escuros do pasado mesturaranse cunha desgraza aínda maior que suporá un duro golpe para a familia.
