A illa do silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río sil, que abandona o seu berce na procura dunhas moedas que poidan sacar a súa familia da miseria que se vive nos últimos anos do século xvi, unha época marcada polas guerras e as pandemias. embarca o mozo nunha nave rumbo ás novas terras, conquistadas e reducidas á escravitude polos colonos europeos. coñece en galeras... onde rema condenado para o resto dos seus días... un vello pirata que lle entrega o plano dunha misteriosa illa, na que se esconde un valioso tesouro.
