A india nube branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o camiño de santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña carmiña e o elefante cacharrante. xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. coñecerán sorprendentes seres máxicos e sortearán barreiras para chegar á fermosa cidade de compostela. con imaxinación, solidariedade e grazas ao amor pola lectura, pode que os amigos logren acadar o seu propósito, ti que pensas?
