A espe e a rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. díxolles que era expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas. estaba claro que non era un «expósito», era un extraterrestre! que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?
