A faceta de poeta de marcial valladares (vilancosta, a estrada 1821 1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. non obstante, debemos ter presente que o autor de maxina ou a filla espúrea (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que de desigual calidade, presentan como mérito o feito de seren precursoras no uso do galego nos primeiros tempos do rexurdimento literario. sen dúbida, as súas primeiras composicións poéticas, de 1844, 1845 e 1846, a súa primeira manifestación literaria reflectida en poemas como a un paxariño,xunto ás pezas de alberto camino, sitúan ao escritor da estrada como un dos fundadores da nosa renacencia literaria. a presente edición da obra poética en galego de marcial valladares, preparada por xosé a. fernández salgado, profesor da universidade de vigo e especialista na obra de marcial valladares, sobre quen preparou a súa tese de doutoramento, recolle medio cento de composicións escritas por valladares ao longo de case medio século, dende 1844 a 1891. ofrécese, pois, por vez primeira, un volume que compila as súas poesías dispersas por xornais e publicacións da época, e algunha outra inédita. precursor, como francisco añón ou alberto camino, os primeiros poemas de valladares traslocen os sentimentos e sensibilidades das vivencias persoais, e son debedoras das formas e temáticas románticas propias da altura do século. non obstante estes versos comparten presencia cos de asuntos costumistas, que se tinguen ás veces de leves críticas sociais, e con outros tipicamente populares en formas e motivos.
