A familia de iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na costa da morte. alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de trece e coa luz do faro de cabo vilán, que advirte de invisíbeis perigos. algo escuro se agocha no baúl que iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.
