A escola de artefactos e oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. ágata mcleod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. a inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
