A india é máis ca un país, é todo un mundo. a cultura hindú, formada ao longo de tres mil anos, é tan rica e multiforme que abrangue milleiros de deuses e deusas e unhas oitocentas linguas. as lendas hindús que conta neste libro o narrador e poeta darío xohán cabana son unha mostra desa marabillosa xuntanza de vellas crenzas e símbolos eternos. a historia do deus con cabeza de elefante, a do exército de simios de rama ou a do príncipe siddhartha, o buda por exelencia, han servir de porta de entrada a unha civilización sorprendente e fascinante.
